Entradas

DÍA MUNDIAL DO CAN GUÍA

Imagen
 Hoxe fomos á residencia Saraiva e vimos unha  cadela guía. Chámase Peni e estaba coa súa dona Corina e a súa amiga Marian. Contáronnos cousas da súa vida diaria, do bastón e da cadela. Para que os utilizan, que non poden comer de todo, por exemplo chocolate que fai que se queden cegos.   Cori dixo que si vas pola rúa e ves a unha persoa cun can guía que non o podes tocar ou chamar sen permiso da dona. Tamén que teñen un arnés por onde se agarran para que os guien. A correa é para que non se perdan. Grazas a Saraiva por invitarnos outra vez. Alumnas e alumnos de 1º de Ed. Primaria

Fóra tamén se aprende

Imagen
 E ás veces máis que dentro. Hoxe estivemos no novo parque da Xunqueira traballando no escenario da ópera que estamos preparando.    Felicidades!, estades facendoo fenomenal.

Día do libro

Imagen
  A orixe do  Día do Libro    remóntase a 1926. Un 23 de abril  fallecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén  un 23 de abril naceron ou morreron outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta fecha tan simbólica para a literatura universalfoi a  escollida pola  UNESCO para rendir  homenaxe ao libro e aos seus autores,e animar a descubrir o placer da lectura. No cole ademais de coñocer esta historia e ler, fixemos marcapáxinas   E, o que máis nos gustou, un apadriñamento lector con alumnado de terceiro de Ed. primaria. Grazas polas vosas lecturas! 

Salón do libro 2024

Imagen
Desafiando á chuiva e o vento visitamos o salón do libro onde Orbil nos recibiu alegremente Despois tivemos oportunidade de coñecer a Susana Peix que nos contou, combinando a linguaxe verbal e a de signos, algún dos seus contos                           Aquí temos algún dos títulos editados por CUMIO  en lingua galega Para terminar unha visita guiada ao salón que conta con moitos espazos diferentes e con centos de libos que se poden levar á casa en préstamo.           E p or suposto vimos o noso traballo alí exposto xunto co doutros coles    RECORDÁMOSVOS QUE O DOMINGO É O TROCALIBROS

Decidido!

Imagen
 Despois de moitas dubidas e  dalgunha negociación as profesións están distribuidas. Ahora queda explorar para saber máis exactamente o que fai en cada unha delas. Tamén temos un documento que recolle o noso compromiso

UNHA VISITA ESPECIAL

Imagen
Hoxe unha gran sorpresa para o noso alumnado. ORBIL, mascota do salón do libro veu visitarnos.  

ORQUESTA SINFÓNICA DE PONTEVEDRA

Imagen
 Outra aproximación á música coa asistencia onte a un maravilloso concerto no Teatro Principal de Pontevedra. Un placer para os oídos.