Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Saidas

NOVOS CINEMAS

Imagen
 Onte asistimos ao Teatro Principal para ver tres curtrametraxes que seleccionaron para nos dende o departamento "aula" de novos cinemas. Ademais, da man de Suso Novás tivemos unha  interesantisima charla post-película na que intercambiamos opinións. Foi unha actividade moi interesante, con unha estupenda selección de películas. GRAZAS!!

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Imagen
 Esta semana foi moi intensa, rematamos os traballos para o Salón do Libro que, xa veredes, quedaron xenial!. Además recibimos unha visita sorpresa, Orbil .  Tamén fixemos unha saída ao audotorio onde gozamos cunha maravillosa actuación da Orquesta Sinfónica de Pontevedra . Deixamos un par de breves momentos da actuación.         

FULL HOUSE

Imagen
 Hoxe fixemos unha saída ao Teatro Principal para ver  Full House,  un espectáculo sin texto. Teatro físico e música en vivo que nos plantea, a través dunha fábula contemporánea, o tema da convivencia, abordado dende a diversidade de culturas e a necesidade de compartir.  Catro animales que conviven nunha mesma comunidade viven allenos uns a outros, ata que un acontecemento inesperado lles fai ver as semellanzas que os unen.

A ERA DAS FÁBULAS

Imagen
 A primeira salida deste curso foi onte xoves 19 de setembro. Visita guiada á  exposición A era das fábulas, unha colaboración do Museo de Pontevedra e a fundación Mª José Jove. A mostra recrea aire, auga e terra e nela puidemos gozar de obras de autores locais coma Manuel Moldes ou Menchu Lamas e de outros internacionais coma Kiefer. Por suposto, non podían faltar cuadros de artistas da talla de Picasso, Miró, ou Kandinsky. Agora na aula seguiremos a explorar no mundo do arte. Como nos chamaron a atención as pepitas de Baobab

Visita á granxa O Kiriko

Imagen
Hoxe estamos pasando o día na granxa. De momento estamos a ter sorte e o tempo acompaña. Xa puidemos ver animais e transformar os produtos que nos proporcionan en unha riquísimas galletas, pero aínda queda moito por facer

DÍA MUNDIAL DO CAN GUÍA

Imagen
 Hoxe fomos á residencia Saraiva e vimos unha  cadela guía. Chámase Peni e estaba coa súa dona Corina e a súa amiga Marian. Contáronnos cousas da súa vida diaria, do bastón e da cadela. Para que os utilizan, que non poden comer de todo, por exemplo chocolate que fai que se queden cegos.   Cori dixo que si vas pola rúa e ves a unha persoa cun can guía que non o podes tocar ou chamar sen permiso da dona. Tamén que teñen un arnés por onde se agarran para que os guien. A correa é para que non se perdan. Grazas a Saraiva por invitarnos outra vez. Alumnas e alumnos de 1º de Ed. Primaria

Fóra tamén se aprende

Imagen
 E ás veces máis que dentro. Hoxe estivemos no novo parque da Xunqueira traballando no escenario da ópera que estamos preparando.    Felicidades!, estades facendoo fenomenal.

Salón do libro 2024

Imagen
Desafiando á chuiva e o vento visitamos o salón do libro onde Orbil nos recibiu alegremente Despois tivemos oportunidade de coñecer a Susana Peix que nos contou, combinando a linguaxe verbal e a de signos, algún dos seus contos                           Aquí temos algún dos títulos editados por CUMIO  en lingua galega Para terminar unha visita guiada ao salón que conta con moitos espazos diferentes e con centos de libos que se poden levar á casa en préstamo.           E p or suposto vimos o noso traballo alí exposto xunto co doutros coles    RECORDÁMOSVOS QUE O DOMINGO É O TROCALIBROS

Banda de música de Salcedo

 E como non podía ser doutra maneira, empezamos con música. Camiñamos ata o Pazo de Congresos para escoitar un concerto da Banda de Música de Salcedo que despertou emociós. Ademais convidaron ao alumnado a inscribirse na súa escola de música, si vos interesa Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida por Banda de Música de Salcedo (@bandasalcedo) Como non, uns videos do concerto