Visita estación meteorolóxica de Campolongo
Hoxe fixemos unha nova saída, probablemente a última do curso. Caminamos ata o parque de Campolongo o de Meteogalicia ten instalada a súa estación meteorolóxica. Miguel explicounos para que se usa, cales son os instrumentos que hai alí e como se usan. Aprendemos cousas moi interesantes e rematamos merendando e xogando un rato no parque. Para cambiar de aires.